O CITIC da UDC recibe financiamento estatal para un proxecto de tecnoloxía inclusiva con ASPACE Coruña

Mércores, 22 de xullo do 2020 Sonia Pena

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, concedeu ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC unha axuda de 30.000 euros no marco da convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación. O proxecto leva por título Mozos para unha tecnoloxía inclusiva: promovendo solucións tecnolóxicas con e para estudantes de secundaria e persoas con parálise cerebral – JÓVENES TECH-IN”.