O CITIC pon en marcha as sesións de sensibilización e desenvolvemento tecnolóxico de Talentos Inclusivos
Esta semana tiveron lugar as sesións co colexio Calasanz PP. Escolapios, o IES de Ortigueira e o colexio Salesianos San Juan Bosco. Nestes primeiros encontros, os usuarios e profesionais de ASPACE Coruña explicaron aos estudantes dos diferentes centros educativos que é a parálise cerebral, como a viven persoalmente e que limitacións lles supón para desenvolver unha vida plena.